Páginas

3 oct 2017

BENVIDOS DE NOVO!!!!




















     Un novo curso Libruxa volve a abrir as portas da nosa biblioteca. Xa rematou o verán e, como todos nós, recargou pilas e volve con moitas ganas de propoñervos actividades novas e lecturas moi interesantes e cheas de fantasía e emocións. Ao longo destes meses que compartiremos con ela espera traer moitas novidades e propostas que vos fagan disfrutar coa lectura cada día un pouco máis.

     Libruxa xa ten listas as mochilas viaxeiras para que veñades á biblioteca cos vosos titores/as a buscalas e así empecen a súa viaxe polas distintas familias de cada clase.


       
       Este curso tamén está buscando colaboradores no alumnado de 5º e 6º para axudar a ordear os libros, facer o préstamo aos compañeiros, aportar suxerencias...xa que lle gustaría abrir a biblio durante o tempo de lecer e necesita mooooita axuda.  

         O 24 de outubro xa se celebra tamén o día das Bibliotecas Escolares  baixo o lema "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar". 


       Aproveitaremos ese día para ir cos nosos nenos e nenas á biblioteca, ensinarlles o cartel e escoitar o que este lles suxire e lles transmite: unha biblioteca escolar vista como unha oportunidade única para axudarlles a desenvolver o seu pensamento crítico, aprender a pensar a través dos contos, da poesía, do teatro, da música, das lecturas de divulgación científica, a través das investigacións, a través do diálogo e das actividades alí compartidas. 
           Libruxa agarda deste xeito que disfrutedes coas súas lecturas e que a súa biblioteca se convirta nun espazo agradable para aprender, investigar e ler.