Páginas

22 abr. 2017

EXPOSICIÓN "A MARIÑA CON MOITA ARTE"





Xa estamos metidos de cheo nos preparativos para exposición proposta para este ano pola MICRORREDE A MARIÑA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (Viveiro, 8-11 de maio) : 

"A MARIÑA CON MOITA ARTE"


Estes son o cartel e o díptico, que lle entregaremos ás familias cando se vaia acercando a data: 



  DIPTICO-2017 by Nazareth on Scribd

   Entramos no tempo de presentar a exposición dentro de cada centro e de amosar a toda a comunidade educativa a nosa proposta para este curso. As Bibliotecas Escolares de Galicia teñen como tema común de traballo TERRITORIO DAS ARTES, polo que a Microrrede centrouse nese mesmo tema, dando a cada centro a opción de escoller a súa "arte". Como non, o noso tema versa sobre o teatro: "TITERITEANDO CONTOS".

Moitas familias tiveron unha reacción positiva á proposta e a verdade é que titeritearon bastantes contos. Así quedou a nosa exposición que dentro duns días levaremos para a exposición final en Viveiro.