Páginas

16 feb 2014

Seguimos co mes do amor



 Que non se nos esqueza decir  
QUÉROTE

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Día de Rosalía de Castro, que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta.
Dende a biblioteca, Libruxa, propón a realización de marcapáxinas nos que aparecerá unha imaxe de Rosalía e unha estrofa dun poema seu.
Podedes recoller as cartulinas na biblioteca e consultar nos libros da entrada. Faremos un tendal con todos os traballos entregados.

Este Power Point feito na biblio do CEIP Vales Villamarín axudaranos a coñecer mellor a figura de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro


More PowerPoint presentations from biblioteca vales villamarin

DÍA DA PAZ

Este é o resultado do traballo feito en torno a NELSON MANDELA con motivo da conmemoración do DÍA DA PAZ coa participación de todo o alumnado.

12 feb 2014

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Unha vez realizados os talleres de cerámica, podemos decir que foron todo un éxito. 
 En primeiro lugar darlles as grazas de todo corazón aos ceramistas, LUCÍA CATUXO, ESTÉFANO GUDÍN, MANOLO MIRANDA E PILAR REI, que se puxeron á nosa disposición e participaron nestes talleres de maneira totalmente altruista, achegando esta arte plástica a todo o noso alumnado que aproveitou, disfrutou e demostrou a súa destreza producindo un considerable número de pezas. Só piden que se repita pois foron demasiado curtos. 
Agora queda cocer as pezas que se mostraran nunha exposición que coincidirá coa celebración da SEMANA DA ARTE GALEGA NA MARIÑA. 
O alumnado de Infantil segue a traballar nos talleres de pintura e o resultado final tamén está relacionado coa cerámica, pois trasladarán o mural a un gran mosaico. Todo este traballo é levado a cabo polas titoras en colaboración co departamento de Arte do IES Monte Castelo. 
Sentímonos orgullos@s da axuda recibida, da participación dos nenos e das nenas e, desde logo tamén, dos resultados. Pretendemos a adquisición de habilidades na competencia cultural e artística como unha maneira máis de expresión.

7 feb 2014

ESCRIBIMOS CARTAS, POEMAS




Neste  mes de febreiro e marzo, Libruxa propónvos que lle faigades chegar cartas ou poemas de amor. Pero neste caso quen fala de amor son dous obxectos: vaso-botella, pincel-papel; dous animais: elefante-pulga, gato-can...
 Tod@s  as participantes recibirán un agasallo.
Os textos podedes facelos escritos a man ou no ordenador, iso si,  con boa presentación. 
O prazo remata a finais do mes de marzo.