Páginas

20 dic 2010

OS TRES BANDIDOS

Aquí tedes o 1º agasallo de Nadal. Por se queda no cole alguén que non coñeza o conto "OS TRES BANDIDOS"

17 dic 2010

REGÁLAME UN LIBRO....ou DOUS

Estamos desexando que cheguen as vacacións de NADAL. Como é unha época de agasallos, queremos dar unha pequena axuda á hora de facer as compras e recomendamos unha serie de libros que abarcan todas as idades e que nos farán disfrutar coa súa lectura. QUE MELLOR REGALO QUE UN LIBRO, QUE ME VAI PERMITIR VIVIR MOITAS VIDAS! Abre o libro para ver a guía

9 dic 2010

10 de decembro DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Neste día celébrase o aniversario da DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS por parte de NACIÓNS UNIDAS.
Atoparás moitos recursos para traballar e saber máis destes dereitos que a todos e todas nos pertencen, neste enlace que te levará ao blog O RECANTO DE MIK

8 dic 2010

INFORME PISA

Queremos sumarnos ao debate e ás reflexións que debemos facer despois da publicación do informe Pisa. Reproducimos o publicado no blog AS ZOCAS FALADORAS co que coincidimos na totalidade
Reflexións sobre os datos PISA 2009, Bibliotecas Escolares e Ensino.
Onte publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impartida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si?
Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…
Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías?. Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais
dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?
Mellorarán entón os resultados do informe PISA?

2 dic 2010

FÁBULAS

As nenas e nenos de 4º de Primaria estiveron a traballar as fábulas.
Organizáronse en grupos e buscaron na biblioteca. Cada grupo escolleu unha fábula e este é o traballo que presentaron.
Non está mal, verdade?

3 DE DECEMBRO DIA DA DISCAPACIDADE

As compañeiras do CEIP de PAZOS e do CEIP A DOBLADA regaláronnos este precioso conto para que non esquezamos mirar con máis sensibilidade a aquelas persoas diferentes.

21 nov 2010

MAGOSTO 2010

Click to play this Smilebox slideshow

O pasado venres 12 de novembro celebramos o MAGOSTO no noso colexio.
Podedes ver na presentación o que fixemos... Darlle a "PLAY" e logo"Full Screen"(Pantalla completa) para ver ben as fotos....

18 nov 2010

Os Dereitos dos Nenos e Nenas



A Declaración dos Dereitos do Neno foi aprobada pola ONU en 1959 e dende entón, en todo o mundo, cada 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA.
Aquí atoparás os 10 dereitos que todas as nenas e nenos teñen.

E AQUÍ accederás a unha excelente recopilación de recursos facilitados pola biblio Milladoiro.

Entra na páxina de Rayuela e aprenderás, xogarás e te divertirás.

11 nov 2010

O LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DE LIBRUXA on PhotoPeach
Recomendamos ver o libro coa opción de pantalla completa.

8 nov 2010

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O venres 29 de outubro celebramos o SAMAÍN.
Decoramos as cabazas, as aulas e os pasillos e, ademais ¡¡¡pintámonos de monstros!!!.
Xa para rematar tod@s as alumn@s e profesor@s cantamos a canción de MAMÁ CABRA.
¡¡¡QUE BEN O PASAMOS!!!

7 nov 2010

É TEMPO DE MAGOSTO

O próximo venres, día 12 de novembro, celebramos o MAGOSTO e como LIBRUXA sabe que estamos investigando sobre COMER SANO, invitou a VILMA LEIVAS ao cole. Naide mellor que ela para elaborar mermeladas con froitos da súa horta que xa visitaran as nenas e nenos do 2º ciclo.
Faisenos a boca auga só pensando no ricas que van estar.
Ademais teremos outros talleres, xogos e non poden faltar AS CASTAÑAS ASADAS.
En Libruxa atoparás recursos para traballar e saber máis do Magosto.

Interesante documento que servirá como instrumento de reflexión tanto para pais e nais como para fillos e fillas no proceso de adquisición de condutas responsables.

24 oct 2010

CENTENARIO NACEMENTO MIGUEL HERNÁNDEZ

MIGUEL HERNÁNDEZO próximo sábado, día 30 de outubro, celébrase o centenario do nacemento do poeta MIGUEL HERNÁNDEZ
No Lar de Frianciño ofrécennos unha presentación baseada nun poema de Carmen Gil titulado Miguel Hernández para niños

Miguel Hern�ndez

20 oct 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS


Por fin LIBRUXA xa ten listas as Mochilas Viaxeiras!!! Este curso tivo máis traballo xa que pon en camiño once mochilas.
As familias atoparán poesía, literatura infantil, libros con música, libros temáticos que facilitarán o diálogo cos seus fillos e fillas. Poderán disfrutar deles durante 8 días e no caderno anotarán suxerencias e opinións que dende o equipo da biblioteca, agradeceremos moito.
DISFRUTEN LENDO XUNT@S !!!!!

19 oct 2010

PAN CON TOMATE

Despois da visita á horta, as nenas e nenas do 2º ciclo de Primaria decidiron elaborar unha receta con un dos ingredientes que recolleron alí. Ao principio estaban un pouco escéptic@s con respecto se a probarían ou non, pero foi un verdadeiro éxito xa que repetiron ata agotar existencias.
Algúns xa incluiron o PAN CON TOMATE na súa merenda.

VISITAMOS UNHA HORTA

O alumnado de 2º ciclo achegámonos a Mondoñedo onde visitamos unha horta. Alí Vilma e Xulio nos explicaron como cultivan, recollen e comercializan tomates, leitugas, xudías, berenxenas, fabas...Todas estas verduras e hortalizas son ecolóxicas, é dicir, que para o seu cultivo non se empregan produtos químicos que contaminen.
Vilma tamén nos explicou que fan mermelada de amorodo e de mora.
Trouxemos a proba de todo!!!
Á volta paramos en Lourenza e visitamos o Museo da Faba. Gustounos moito a maqueta da zona e as ferramentas que utilizan os nosos abós para labrar as fabas.
Aquí tedes unhas fotos que vos darán idea de todo o que fixemos.



13 oct 2010

SAMAÍN


Como sen enterarnos, o OUTONO xa está aí. É tempo de castañas, noces, cogumelos, cabazas ...
Dende o CEIP Víctor Sáez en Mazaricos chega esta excelente recopilación de recursos para traballar o SAMAÍN.

Preme AQUÍ para acceder a eles.

11 oct 2010

"Capacidade de adaptación aos retos e á diversidade: todo está na Biblioteca Escolar"

Un ano máis, a IASL (International Association of School Librarianship) difunde un cartel e un lema para poñer en valor, no mes de outubro dunha forma intensiva, as bibliotecas escolares.

Fai fincapé nos recursos que as bibliotecas escolares proporcionan ao alumnado e ao profesorado nese difícil asunto da adaptabilidade, da capacidade de enfrontar novos desafíos, novos retos; de enfrontar con éxito a diversidade individual e a pluralidade e complexidade que as aulas presentan.

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"


7 oct 2010

100 ANOS DE LEO LEONNI

LEO LEONNI (1910-1999)
Celébrase o centenario do nacemento deste autor, cuxas obras están presentes na nosa biblioteca.

Volvamos a emocionarnos lendo a

Frederick

Nadarín

Pequeno Azul Pequeno Amarelo

A casa máis grande do mundo

29 sept 2010

LECTURA EN FAMILIA

Dentro duns días AS MOCHILAS VIAXEIRAS comezarán a súa viaxe e irán cheas de materiais para que toda a familia comparta e disfrute momentos de verdadeiro gozo.
As compañeiras da biblioteca Ceip Andrade comparten este Decálogo de lectura que recolle a importancia da lectura en familia.

9 sept 2010

CONSELLOS PARA EDUCADORES


Como nais, pais e educador@s preocupámonos pola educación dos nosos fillos e fillas.

Vexamos este video que nos recorda algúns consellos que seguro non nos virán de máis.

10 DE SETEMBRO: COMEZA UN NOVO CURSO


Iniciamos un novo curso escolar e recibimos nun acto de benvida a todo o alumnado acompañado das súas familias.
A partires das 10h. alumnado de PRIMARIA e a partires das 11h. alumnado de INFANTIL

24 jun 2010

PASEO A CANGAS

E PARA DESPEDIR O CURSO FIXEMOS UNHA CAMIÑATA ATA CANGAS.
CANSAMONOS UN POUCO PERO PASÁMOLO MOI BEN.
LIBRUXA DESÉXAVOS UN BO VERÁN!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Aquí tedes unha mostra do festival fin de curso. Foi moi variado: teatro polo alumnado de Infantil, recital de poesías de Uxío Novoneyra a cargo dos nenos e nenas de 3º curso e coreografías dos demais cursos. Familias, alumnado e profes pasárono moi ben.

22 jun 2010

A Flor Máis Grande do Mundo

Unha curta que me parece unha xoia! É un relato para nenos/as e para maiores, con debuxos animados, que se chama " A flor máis grande do mundo ".Está escrito e contado por JOSÉ SARAMAGO.
Dende LIBRUXA vai esta cariñosa homenaxe a este escritor que faleceu o venres pasado.

9 jun 2010

CHARO PITA e ÓSCAR VILLÁN



Óscar Villán e Charo Pita chegaron á nosa biblioteca . Contaron historias con palabras, con diferentes ritmos e sons e tamén con moitas imaxes que Óscar capturaba das nubes e, por maxia, as representaba na pizarra.
Deixáronnos un precioso agasallo.

MOCHILAS VIAXEIRAS

As MOCHILAS VIAXEIRAS remataron, por este curso , a súa vaixe. LIBRUXA recibiunas na biblioteca e soubo da boa acollida que tiveron entre as familias e o alumnado.

"PARECEUNOS UN PROXECTO MOI INTERESANTE, UNHA BOA MANEIRA DE FOMENTAR A LECTURA NOS NENOS E NENAS CA PARTICIPACIÓN DOS MAIORES", este é un dos comentarios recollidos nos cadernos que acompañaban as mochilas.

24 may 2010

LETRAS GALEGAS

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

Queremos darlles as grazas as familias pola boa acollida á proposta de traballo feita dende a biblioteca de ilustrar plasticamente o poema FONTIÑA DE CARABEL de UXÍO NOVONEYRA.




Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos recibidos e dos que os nenos e as nenas móstranse moi orgullosos por telos compartido coa súa familia.

20 may 2010

O FALAR DAS FADAS

Preme na imaxe para ler o poema de Valentín Lamas Carbajal.
Onte, hoxe, mañá, apostaremos pola nosa lingua.

10 may 2010

AS FOLLAS FALAN DE UXÍO NOVONEYRA



Enciñamos as follas que removeu o vento dende a biblioteca do IES de Fene.
Ímolas pegar nos troncos das árbores que as están esperando na entrada do noso cole. Recoñecedes a que árbores pertencen?
UXÍO NOVONEYRA paseaba por entre elas e por iso saben e contannos algunhas das súas poesías.
A compañeira Olga de Bibliocole achéganolas neste fermoso traballo.

9 may 2010

POEMAS DE NOVONEYRA PARA RECITAR

Dende a Bibliotecadocole chéganos unha escolma de poesía de NOVONEYRA para recitar. É un fermoso traballo feito polo ENDL do colexio de Quintela, que seguro que aproveitaremos.
Grazas compañeiras.

3 may 2010

DÍA DO LIBRO

Esta é unha pequena mostra dos traballos realizados en torno ao DÍA DO LIBRO.



Na biblioteca fixemos actividades de formación de usuarios: buscar títulos, portadas, ilustracións...Quedaron uns traballos preciosos, destacando os feitos polas nenas e nenos de Infantil.




E, dentro das nosas posibilidades, estivemos con todas as biblios na actividade PARA QUE LES?. Foron moitas e sorprendentes as respostas.

29 abr 2010

XABIER P. DOCAMPO, TODO UN PLACER


Unha das actividades programadas con motivo do DÍA DO LIBRO era a visita de XAVIER P. DOCAMPO, e hoxe estivo con nós.

Deixounos unha mensaxe moi clara: LEMOS PARA PENSAR. Contounos o conto de Carrapuchiña e foinos facendo preguntas sobre os feitos que pasan no conto, e así descubrimos moitas cousas nas que non nos fixáramos ata hoxe. Fíxoo dunha maneira moi divertida e rímonos un montón.

Díxonos que todas as historias que escribe, dalgunha maneira, son cousas que lle pasan a el; sempre leva un caderno no peto e vai anotando cousas que despois recolle nos seus libros. Sempre escribe en galego porque é a súa lingua, dixo, aínda que fala dúas ou tres máis. Así ten a riqueza de poder escoller no que quere falar.

Escribiu na libreta de convidados de Libruxa e tamén asinou o libro de BOLBORETAS.

ENTREGA DE AGASALLOS DO DÍA DO LIBRO

O alumnado participante na búsqueda do tesouro organizado polas monitoras de Gaia xunto con Libruxa con motivo do DÍA DO LIBRO, recibiu o seu agasallo.

Así de felices estaban os cursos de 1º, 2º e 3º cos seus regalos.



21 abr 2010

ELES E ELAS TAMÉN LEN

Para que les? é o título dunha iniciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Esta proposta foi recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron coas súas achegas á montaxe dunha exposición para o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres/as e alumnos/as explican as razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado por Loly Lago do Ies de Fene e Charo Sánchez Gabriel do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra. Olga Rodríguez, do Ceip Milladoiro de Malpica, coordinou o traballo de recompilación de textos e fotos de persoas famosas con profesións moi diferentes que nos contan que ELES E ELAS TAMÉN LEN



Aquí tes o resultado

18 abr 2010

LETRAS ANIMADAS



Coas letras sempre podemos disfrutar
Grazas Julia por facérnolo chegar

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO



Os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria despois do encontro con ABRAHAM CARREIRO, comentan:

Aprendimos moito cos seus debuxos e consellos

Pareceunos xenial que viñera ao colexio e que nos ensinara os seus trucos

DISFRUTAMOS UN MONTÓN E DEIXOUNOS MOITOS DEBUXOS

LETRAS GALEGAS


Estamos no mes de abril e andamos mergullad@s nos libros, pero despois ven maio e aí están as LETRAS GALEGAS.

Como nas Bibliotecas Escolares hai xente incansable, xa podemos contar con material axeitado para achegar a figura de UXÍO NOVONEIRA a cada ciclo.

Actividades LIM do Ceip Frian para:

Infantil e 1º Ciclo de Primaria

2º e 3º Ciclo de Primaria

Recopilación de materiais de diferentes colexios

Todo este material seranos de gran axuda. Grazas.

BÚSQUEDA DO TESOURO

As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º curso están moi atarefas@s buscando as pistas que apareceron no taboleiro á entrada da biblioteca. Tamén lles deixaron dúas caixas con libros. Parece ser que teñen que adiviñar personaxes deses contos.

O venres, a pista para 1º e 2º dicía: ten varios protagonistas

para 3º era: falamos dun animal

cal será a do luns?


1º e 2º: pertence ao mundo animal

3º: ten un título longo

a do martes é:


1º e 2º: non viven na praia e tampouco na cidade

3º: parece ser que xa non é novo

estamos en mércores:

1º e 2º un é grande, o outro é mediano e o último pequerrecho

3º: o seu dono atopou algo que outro neno non quería

este animal non ten rabo

e chegamos ao xoves. Aquí tes as pistas por se as necesitas:

1º e 2º: alguén entrou na súa casa

3º: dícese que é o mellor amigo do home





12 abr 2010

WEBQUEST DÍA DO LIBRO


Dende o CEP CESPÓN chéganos unha webquest para o Día do Libro e para traballar en 2º e 3º ciclo de primaria.

Grazas

DÍA DO LIBRO

Presentámosche unha das actividades para facer na biblioteca ao longo deste MES dos libros.

Atoparás catro grupos de libros do teu ciclo e por parellas escolleredes un grupo de libros e cubriredes a ficha que vos propoñemos. Podedes escoller:


TÍTULO MÁIS CURIOSO

PORTADA MÁIS FERMOSA

ILUSTRACIÓNS MÁIS FERMOSAS

ASPECTO MÁIS ATRACTIVO: tamaño, forma

Os nenos e nenas de E. Infantil escollerán a portada que máis lles guste.

Tod@s os participantes recibirán un agasallo e os cos libros gañadores faremos unha exposición

7 abr 2010

MES DO LIBRO

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E DA CREATIVIDADE PROGRAMADAS POR LIBRUXA PARA ESTE TRIMESTRE:


Día 13 de abril:

Abraham Carreiro (ilustrador)


Falaranos da elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración.



Día 29 de abril: Xabier P. Docampo (Escritor, contacontos...)

Será un pracer escoitar a voz dalguén que escribiu tantos libros e recibiu tantos premios.


Día 3 de xuño: Charo Pita (escritora, narradora)


Óscar Villán (ilustrador)


Presentarannos As ollofábulas.

Óscar dá cor e forma as palabras e Charo pon aceno e voz ás imaxes.


De tod@s estes persoeiros atoparás libros na biblio do cole. LIBRUXA recopilounos e colocounos no espazo das novedades para que poidas acceder a eles máis comodamente. Tamén atoparás breves reseñas dos autor@s e ilustradores.

5 abr 2010

ILUSTRANDO A LECTURA

Na biblio O RECANTO DE MIK podemos disfrutar dun fermoso traballo ILUSTRANDO LECTURA que mostra unha colección de ilustraccións que nos farán soñar a peques e grandes.
Preme AQUÍ para velo.
Grazas por tan magnífico traballo.

ABRIL, MES DO LIBRO



O mes de abril ten dúas datas especiais nas que son protagonistas os libros. Unha, o día 2, na que se
celebra o Día Internacional do Libro
Infantil e Xuvenil, en cuxo cartaz
deste ano lemos:


UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!

e outra o día 23,
Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
As bibliotecas escolares e tamén LIBRUXA, teñen preparadas actividades para estas datas.

27 mar 2010

LETRAS GALEGAS


Xa vos contamos que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, deste ano 2010, está adicado ao poeta UXÍO NOVONEIRA. Para seguir coñecendo algunhas cousiñas da súa vida e da súa obra, aquí vos deixamos un enlace a unha WEBQUEST que elaboraron no CEIP de ANDRADE.

Dende aquí a nosa felicitación por este traballo.

24 mar 2010

EXCURSIÓN DO 1º CICLO AO MONTE CASTELO


Onte fumos ao Monte Castelo.
Vimos desde o mirador as paisaxes marítimas costeiras co mar e o porto e Burela.

Vimos árbores de folla caduca como o carballo e de folla perenne como os piñeiros. Visitamos a zona de acampada e o campo de tiro.

Estivemos xogando no parque xunto ao cruceiro e o cabozo. Tamén merendamos.

Finalmente baixamos a pé para voltar ao colexio.

GUSTOUNOS MOITO A EXCURSIÓN E SACAMOS MOITAS FOTOS.

19 mar 2010

RUTA PARDO DE CELA


O día 17 de marzo as nenas e nenos do 2º ciclo de Primaria visitamos algúns dos lugares da RUTA PARDO DE CELA.
O primeiro foi a catedral de S. Martiño construída entre os séculos IX e XI, polo que é a máis antiga de España.
Ao lado está a fonte de A Zapata, que según conta a lenda, S. Gonzalo tirou unha zapatilla e brotou auga.
Despois visitamos a Torre Pardo de Cela en Alfoz. Nesta fortaleza foi onde o colleron preso. Subimos arriba de todo e víase moi ben O Valadouro.
E por último fumos a Mondoñedo. Visitamos a catedral e gustounos moito o rosetón da fachada polas súas córes. Comimos na Praza da Catedral; nesta praza executaron a Pardo de Cela. Despois paseamos polo barrio dos Muíños e parámonos na ponte do Pasatempo que foi onde entretiveron á muller de Pardo de Cela cando traía o indulto.
Volvimos moi emocionad@s a Burela!!

TRABALLAMOS COA PRENSA

Así traballamos as nenas e nenos de 4º B



O 12 de marzo celebramos o día da PRENSA traballando en grupos con diferentes periódicos.
Consultamos noticias nas distintas seccións e tamén cada grupo inventou unha noticia con foto e pé de foto incluído.

9 mar 2010

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da SEMANA DA PRENSA

achegamos material que

facilitará o achegamento do noso

alumnado a este medio de

comunicación.


Dende o Ceip Mestres Goldar chéganos

un caderno de traballo

para a educación documental

sobre a prensa dixital.


Tamén actividades LIM

dende o Cep Dr. Fleming.


GRAZAS por compartir!

24 feb 2010

CELEBRAMOS O ENTROIDO



Quedamos un pouco cansos despois da celebración do Entroido, pois ademais de facer os disfraces e o boneco, tamén tivemos que entrenar moi duramente para estar en forma para o desfile. Seguindo co proxecto europeo "The Olympic Spirit: The bridge between Comenius Friends" cada clase escolleu un deporte olímpico a practicar:

en Infantil esqui, xinnasia rítmica e boxeadores

en 1º esgrima

en 2º natación

en 3º salto de obstáculos

en 4º equitación

en 5º e 6º ciclismo

Menos mal que despois de tanto esforzo repuxemos forzas con riquísimas filloas, freixós, buñuelos, orellas e rosquillas.

SABEMOS MOITAS COUSAS DOS DINOSAUROS


As nenas e nenos de 3º saben moitas cousas dos dinosauros. Organizáronse en grupos e investigaron en moitas fontes que Libruxa lles foi mostrando.
O resultado é este libro que tamén lle regalaron a Libruxa pola súa axuda e para que llelo preste a outros nenos.
Preme na portada e poderás ver e ler o seu traballo.
Agora van contarlles todo o que saben aos nenos e nenas de 5º.

22 feb 2010

ORGULLOS@S DO NOSO


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística, ven de pór en marcha un espazo web no que amosar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua, polo GALEGO.

E como é a nosa lingua propia, temos a obriga de coidala, trasmitila e facela medrar.

21 feb 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


O vindeiro 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, establecido en 1999 pola Conferencia Xeral da Unesco, para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Se premes na imaxe atoparás algunhas propostas e seguir sumando grazas ás linguas.

18 feb 2010

A NOSA LINGUA

A plataforma PROLINGUA está a presentar en diferentes lugares do mundo o libro "55 mentiras sobre a lingua galega". Unha proba máis de que o galego fálase polo mundo adiante.
Aquí tedes un pequeno adianto do libro:


Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)

CONTACONTOS E TALLER

O pasado día 8 de febreiro tivemos a visita de persoas de Kalandraka. Ás nenas e nenos de Infantil contáronlles moitos contos e participaron un montón: cantaron, marcaron ritmos...Non puideron estar na biblio porque alí estaba 6º curso traballando nun taller de escritura. Escribiron textos a partires de cantigas tradicionais galegas e de Cabo Verde.
Libruxa dixo que fora moi divertido.


22 ene 2010

MÚSICA POLA PAZ

Di unha compañeira " Quen canta os males espanta", e para iso fixeron unha escolma de cancións que falan de paz. Cantáronse, cántanse e cantaranse por estas datas nas escolas.

17 ene 2010

GUÍA DÍA DA PAZ

O equipo da biblioteca elaborou esta GUÍA que, xunto á recopilación de materiais que atoparás nos enlaces relativos ao tema da PAZ, poden axudarche nas actividades programadas durante este mes e que rematan o día 30,
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

DÍA DA PAZ

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ
Ademais de poder lelo na biblioteca de LIBRUXA, podes lelo aquí en galego grazas á tradución que nos regalou a escola unitaria de VIDE.

DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLES

Traballo publicado na biblioteca do CEIP FRIAN de Teis. Foi realizado a partires dun documento elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; e traducido pola nosa compañeira Adelia Troncoso do IES Val do TEA . Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.

12 ene 2010

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como está cerca o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz e da Non Violencia, chégannos aportacións de materiais e actividades dende outras bibliotecas. Aquí están os enlaces para acceder a estes recursos que nos axudaran a traballar e reflexionar sobre a importancia da NON VIOLENCIA

11 ene 2010

DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS

Xa de novo nvo no cole dámosvos a benvida con este video no que podes ver o clásico "Donde viven los monstruos" de Maurice Sendak, onde nos conta a viaxe interior dun neno para dominar os seus medos.
No Nadal estrenouse unha adaptación ao cine deste libro dirixida por Spike Jonze.