Páginas

26 abr 2024

MENTRES....QUE ESTÁN A FACER OS REINOS?

 








   Mentres diseñan as maquetas para cumplir o reto proposto polo misterioso bruxo, os reinos tamén viven o día a día. Vexamos que están a facer nalgúns deles: 

  Dende degustación de produtos de outono 

Preme na imaxe

  posta a punto no invernadoiro para comezar a plantar o horto...

ata unha visita a Alforz, á torre medival de Pardo de Cela, e a Mondoñedo, para coñecer un oficio moooi antigo como é a alfarería...

Preme na imaxe


   Elaboración de vidrieras para decorar os corredores...

Preme na imaxe











ou seguir investigando sobre o "Proxecto Dragón"

PROXECTO DRAGÓN by Nazareth


e continuando coa decoración das nosas portas:

DÍA DA INFANCIA. TOCA CONTACONTOS

 


      Para conmemorar o Día da Infancia o alumnado de 1º de Primaria participou nunha sesión de contacontos a cargo do Grupo de Participación do Concello de Burela, que incluía tamén un obradoiro con actividades relacionadas co conto. O conto elexigo foi un clásico da literatura infantil,  "Agora non Bernardo"


  Moitas grazas pola visita!!!!

O MAGOSTO INVADE OS REINOS

 


       Os reinos ultiman todos xuntos a súa festa de magosto que celebraremos o 10 de novembro: 




   Previo a este día, fumos organizando unha serie de talleres para ter todo listo. Primeiro un taller internivel para elaborar as cestas para as castañas. Así que, distribuídos por distintas aulas os máis maiores dos reinos ensinaron aos peques a súa elaboración e explicáronlles a orixe do termo "magosto": 

 

   

















     
Tamén organizamos un taller coas familias para realizar unhas coroas de outono con follas secas que fumos recollendo no patio do cole: 



 




















    


   Finalmente, todo foi quedando preparado para o gran TORNEO DE REINOS!!!! Cada equipo tería un dorsal cunha palabra clave relacionada co proxecto






e estaría distribuído ao longo do torneo para ir selando o seu paso polas distintas estacións do torneo, 15 xogos con aires medievais guiados polas instruccións dos voluntarios de 6º:


   Nas nosas redes sociais publicamos un pequeno resumo e poderedes comprobasr o ben que o pasamos ese día: 



   Tamén recollimos a visita das familias para o taller de coroas: 

Preme na foto


NOVEMBRO: CONVOCATORIA DE REINOS E RETO 3


 







    Ola nenos e nenas do Vista Alegre, conseguido o reto 2  no que Libruxa comprobou como lévavades posto o voso amuleto protector na festa de Samaín, chega o momento dunha nova convocatoria de reinos para coñecer o novo reto que o bruxo vos propón e así deixar a Vatra sin outra das súas poderosas escamas!!!!



    Reunidos todos os representantes, cada un/unha co seu estandarte e amuleto, coñeceron que o novo reto será crear unha maqueta de cada reino. Terán que investigar, diseñar, chegar a acordos e finalmente, construír unha maqueta de como sería o reino onde viven. 
   
    Por mor da chuvia tivo que celebrarse na entrada do Reino de Libruxa e preto da urna onde custodia as escamas de Vatra: 

     Veremos todos os diseños dos reinos na seguinte asamblea de troncos!!!! Creatividade e Imaxinación!!!!

     Aquí vos deixamos a programación prevista: 

reto3-4



UNHA TRIPLA POLA IGUALDADE


 

       Como parte do programa "unha tripla pola igualdade" da Deputación de Lugo, visitaron ao alumnado de 2º Ciclo algunhas xogadoras do equipo lucense de baloncesto máis o seu entrenador e compartiron con nós tempo e experiencias. 

Así o recollimos nas nosas redes sociais:

COIDAMOS A NOSA SAÚDE

 


   

   Ao longo das derradeiras semanas de outubro o alumnado de 3º ciclo asistiu a unha serie de charlas e visitas para concienciarnos da importancia da prevención e investigación nalgunhas enfermidades, así como da vida e alimentación saudables. 

   

 Os nenos e nenas de 6º  uníronse á iniciativa "o rosa é moito máis ca unha cor" para reivindicar a necesidade de seguir coas investigacións contra o cancro de mama: 

Preme na foto

   Ademáis participaron nunha actividade de diferentes obradoiros organizada pola Asociación Esperanza Contra o Cancro coa axuda de médicos/as do Hospital. Coñeceron cómo funciona esta enfermidade e como podemos reducir os riscos de padecela. 


    Por outro lado, o alumnado de 5º de Primaria fixo unha visita guiada ao supermercado para aprender moooito máis sobre alimentación saudable e hábitos de consumo responsable. 

SAMÁIN CHEGA AOS REINOS

 

Pincha na imaxe

    Samáin achégase e os reinos de Vistamáxica comezan a preparar os seus festexos. O panel decorativo xa está a punto e esta é a programación das celebracións para o día 31 de outubro, víspera de monstros e meigas que logo comezarán a aparecer polos corredores...





O alumnado virá engalanado coas súas vestimentas máis terroríficas...



e haberá un taller de cociña que despois degustaremos nas clases e maquillaxe. Ademáis, na festa final de todos os reinos estrearán o seu  AMULETO PROTECTOR, por si algún ser do máis alá intenta facer algunha falcatruada ese día!!!!





   As familias colaboraron encantadas na elaboración dos castelos tenebrosos e os corredores de Vistamáxica enchéronse de pequenas obras de arte medievais.

 





 




   Tanto gustaron os castelos, que o consello dos troncos decidiu expoñelos dende o 31 de outubro ao 15 de novembro na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello para que pobo puidese ver o gran traballo das familias: 














Así fumos publicando nas redes sociais os nosos festexos: 

  

Preme na imaxe

 
  Non poden faltar nestas datas as recomendacións lectoras de Libruxa:

24 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


    O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema de "Tecendo comunidades", porque iso é o que é unha biblioteca: un lugar de encontros, de convivencia, de descubrimentos...un lugar para compartir experiencias e disfrutar das viaxes a outros lugares a través da lectura. 

        Este curso o lema das Biblitecas Escolares de Galica é "Unha Biblioteca Escolar en Viñetas", para poñer en valor o cada vez maior protagonismo deste xénero nas nosas bibliotecas. Ler cómic tamén é ler e favorece a autonomía lectora dende ben pequeñ@s, ao mesmo tempo que axuda ao desenvolvemento artístico, creatividade e imaxinación. 




          O dia de hoxe, coma sempre no noso cole se poñen en marcha as mochilas viaxeiras, unha maneira de tecer lazos coas familias a través da lectura e do intercambio de opinións sobre as mesmas no cadernos que acompaña a cada mochila.  

             Preparadas para que comecen a circular!!!!!



       Hoxe Libruxa tamén mandou unha mensaxe moi especial para o alumnado de 6ª na búsqueda de voluntarios para que lle axuden no seu traballo diario, que non che é pouco!!!


        A ver cantos e cantas peques se animan. Saberémolo estes días. 
       Como parte da formación de usuarios que iremos dándolles aos grupos de voluntarios e ao resto do alumnado, elaboramos un díptico cun plano da nosa biblioteca: 

Formación Usuarios 23-24 (3) by Nazareth